mércores, 1 de marzo de 2017

Cómete Culleredo: Proceso técnico

Ola a todos!

Durante este trimestre os meus compañeiros Laura Castro, Antía Vales, Xaime Rodríguez e mais eu estivemos traballando nun proxecto que consistía en crear unha App ambientada en Culleredo que tratase de solucionar algún problema ou complicación. O noso obxectivo era crear unha aplicación que facilitase a búsqueda dun lugar para comer, cear ou tapear en Culleredo á que decicimos chamar CómeteCulleredo.

A nosa aplicación está orientada tanto á xente que é de Culleredo como aos que nunca o visitaron.

Para aquelas persoas que non coñecen Culleredo e que deciden vir a comer ou cear é unha aplicación moi útil, xa que conta con información sobre os restaurantes como as horas de apertura, os horarios de cociña, os menús... e a localización concreta de cada restaurante.

Para os que xa coñecen os locais pódelles axudar a decantarse por un local ou outro en función do menú, os horarios de apertura e outros tipos de información. Un exemplo: a semana pasada decidín ir cuns amigos a cear. Consultamos na aplicación que restaurantes estaban pechados e abertos ese día e, cando o tivemos claro, chamamos ao restaurante, sen necesidade de andar buscando en Internet. Neste caso o menú non nos foi útil porque xa os coñecíamos, pero estamos seguros de que moitos clientes estarán agradecidos de saber de antemán con que pratos se van a atopar.

  Funcionamento


Splash Screen

O seu funcionamento é moi simple. A aplicación ábrese cunha pantalla de carga (splash screen) na que aparece o logo e dura, aproximadamente, uns dous segundos. Para isto necesitamos un reloxo que ao agotarse o tempo marcado (neste caso 2500 milisegundos) oculte a pantalla de carga e mostre a pantalla principal.


Programación da Splash Screen













Na pantalla principal volve a aparecer o logo (feito con Be funky que é un programa online para editar fotos, collages...) e un botón na parte superior esquerda que desplega un menú mediante o que se pode acceder ás demais pantallas, unha por cada pizzería ou restaurante.

Para diseñar e programar o menú lateral inspirámonos nun vídeo de Youtube que nos ensinou o noso compañeiro Diego Castro. A pesar de velo nun titorial, tivemos unha serie de problemas e tives que realizar varias probas. Algúns dos problemas que tivemos foron: o tamaño dos botóns que se axustaban ao menu e se desplazaban cara abaixo ao abrirse e pecharse, o tamaño do espacio reservado para o título non se vía coma nos queríamos... Déixovos aquí un vídeo comparativo da primeira versión do menú en comparación coa última.


Ao rematar o menú decidimos introducir tres pantallas principais na Screen1. Para facer isto, creamos tres disposicións verticais entre o espacio reservado para o título e o dos botóns. A idea era mentres unha estaba visible as outras dúas se permanecesen invisibles e fosen cambiando ao pulsar os botóns da parte inferior. Para aprender como diseñar e programar esta alternancia de pantallas consultamos un titorial.

Tamén introucimos un Lienzo (Canvas) para cambiar as pantallas na Screen1 deslizando o dedo. Desta maneira para pasar da pantalla central á da esquerda poderíase facer pulsando o botón inferior esquerdo ou deslizando o dedo cara á dereita. Para saber como programar isto levounos tempo, pero atopamos unha páxina web e, de novo, un vídeo en Youtube. O código do Canvas é o seguinte:





Esta parte da aplicación decidimos simplificala deixando só unha pantalla principal e o menú lateral. A razón é moi simple: tiñamos moi claro como diseñalo e programalo todo, pero non sabiamos cal sería a súa utilidade.

Ao mesmo tempo que programabamos a pantalla principal, continuamos creando o resto das pantallas de cada restaurante e pizzería que se abren ao pulsar os botóns do menú. En cada pantalla pódese acceder, a través de diferentes botóns, a un apartado de información (na que che damos algúns detalles e características dela), outro de localización (na que che mostramos onde se atopa o restaurante ou pizzería desexado) e outro de imaxes (desde o exterior xa que tivemos algúns problemas para sacar as do interior).

A programación destas pantallas sería similar á que tentamos facer na pantalla principal que decidimos eliminar finalmente. Creamos tres disposicións verticais que se van alternando ao pulsar o botón correspondente. Tamén enlazamos as páxinas web dos locais na nosa aplicación mediante un botón.





A continuación déixovos unha presenación que realizamos sobre a aplicación. Espero que vos guste!


Se queredes descargar CómeteCulleredo podedes descargala dende este enlace.

Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario