venres, 3 de marzo de 2017

Cómete Culleredo: Proceso creativo

Ola a todos!

Nesta entrada falareivos do proceso que seguimos Antía, Laura, Xaime e mais eu para crear a nosa App: CómeteCulleredo.

Inicialmente, eu formaba grupo de traballo con Xaime soamente. Realizamos unha pequena aplicación de proba (se queredes descargala déixovos aquí o enlace) sobre restaurantes de Culleredo. Para crearla usamos App Inventor. Pareceunos fácil de entender despois de ver unha lista de reproducción de videotitoriais que nos facilitou o noso profesor, pero ten un pequeno inconveniente: non é doado traballar en grupo con este programa. Para solucionalo creamos unha conta común en Drive coa que nos rexistramos en App Inventor e usamos como medio de comunicación WhatsApp.

Ao rematar a nosa primeira App, vimos que a aplicación do grupo de Antía e Laura tiña un tema similar: pizzerías en Culleredo. Tras una semana de diálogo e contrastación de ideas puxémonos a traballar xuntos.

Comezamos facendo unha presentación a modo de esquema a principios de febreiro:



Ao rematar a aplicación repartimos o traballo de tal maneira que Xaime encargaríase da parte da localización, Antía e Laura das pantallas dos locais e eu da pantalla principal.

Durante a primeira semana empecei creando a pantalla principal, xa que era necesaria para que os meus compañeiros poidesen continuar o traballo o antes posible. O primeiro que diseñei foi o menú, e os botóns que levasen ás pantallas de cada local. O menú quedou da seguinte maneira:



Pouco a pouco, Laura e Antía, foron diseñando e programando as pantallas dos restaurantes. Encargáronse de sacar as fotos co móvil de Antía, pero non puideron sacar as fotos do interior xa que algúns estaban pechados e decidiron non sacalas de ningún.

Inicialmente, tiñamos pensado que Xaime insertase nunha pantalla un mapa que te xeolocalizase e aparecesen as pizzerías e restaurantes que estivesen máis preto e unha ruta a cada un deles. Pola complicación que traía consigo, decidimos cambiar esta parte e poñer a localización concreta de cada local en cada unha das pantallas correspondentes.

Eu continuei coa pantalla principal avanzando pouco a pouco. Intentei engadirlle dúas pantallas máis, pero non se me ocorreron ideas para completalas e pregunteille aos meus compañeiros. Como non conseguimos unha idea clara e común decidimos simplificar esa parte tamén.

A pesar de que cada un tiña asignadas unhas tareas concretas todos os do grupo comprobábamos o que facía cada un individualmente nas clases para que ninguén se quedase atrás.

En canto ao icono sufriu bastantes cambios ao longo das semanas. Fixémolo con Befunky, que nos pareceu moi fácil de usar e moi intuitivo. Comezou facéndoo Laura e todos fomos aportando ideas ata que o rematamos. A idea orixinal era poñer o nome da aplicación dentro de un prato. Despois buscamos algunha imaxe en Internet sen dereitos de autor relacionada cun restaurante pero non nos convenceu. Finalmente, Xaime aportou a idea definitiva: suxeriunos que en lugar de que aparecese o nome da App no logo, podiamos colocar dúas "C" no centro dentro dun prato ou un círculo branco. O resultado foi o seguinte:




Durante a última semana a aplicación apenas cambiou grazas á boa organización dende o principio. Durante este tempo que nos sobrou fixemos a presentación final da App que case non nos levou nada de tempo.




Se queredes descargar CómeteCulleredo podedes descargala dende este enlace.

Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario