Nestas dúas últimas semanas, o meu compañeiro David e mais eu melloramos o noso xogo de Scratch. Nun principio, consistía en chegar ao final sen tocar as paredes (enlace á primeira entrada). Despois puxémoslle vidas e un segundo nivel no que aparecía un morcego que restaba unha vida se o tocabas (enlace á segunda). Nesta terceira vez, creamos un novo nivel no que hai unha bruxa que se move aleatoriamente e un mago que a pode facer desaparecer se se responde ben a unha pregunta (deixámosvos aquí un enlace á resposta da pregunta); e nos dous primeiros niveis colocamos unha chave e un cangrexo, de maneira que se tocas o cangrexo perdes unha vida, pero se tocas a chave o cangrexo desaparece.
Facer o terceiro nivel levounos moito tempo, xa que tivemos que buscar unha foto dun labirinto en internet e adaptala para que nos cadrase como un fondo (tivemos que colocala no centro, pintar as paredes, facer máis grosas algunhas, engadir algunhas outras para evitar ir por fóra...), e programar a chave e o cangrexo para que aparecesen ao principio e volvesen a aparecer despois de tocar unha parede (se xa se conseguiu chegar ata a chave). Programar a bruxa e o mago foi fácil: a bruxa fai máis ou menos o mesmo que o morcego do anterior nivel e o mago non tiña moita complicación.
En principio, esta vai ser a última semana que retoquemos o labirinto. Xa temos pensado outras ideas para seguir facendo xogos con Scratch.
Se queredes ver como o fixemos déixovos aquí un enlace ao xogo en Scratch. Así, se queredes podedes retocalo vós mesmos.
Espero que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario